página de inicio de Hotel Noia
Una pausa en el camino
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Entorno



El tiempo en Noia:



premio trivago
Los mejores (Hotel de diseño) A Coruña (Provincia)

Volver

Praias

PRAIA DE TESTAL

PRAIA DE TESTAL

Está en Taramancos, Boa, é a máis longa das praias de Noia, con quilómetro e medio se incluímos a lonxa de peixe que alí se encontra. Area fina, ten cafetaría e servizos. Club de piragüismo. Hai un amplo aparcadoiro. Augas tranquilas, unha das máis concorridas de Noia.

BOA GRANDE

Cunha lonxitude de 450 metros, ten unha area de grao medio. Aparcadoiro escaso. Ten pasarelas para paseo marítimo. É moi apta para deportes náuticos. Tamén é das máis visitadas.

PRAIA DE TARAMANCOS

Pertence á parroquia de Boa, pero enlaza xa coa praia de Testal, ten pequenas superficies rochosas que separan a praia en pequenas calas de area media.

OUTRAS PRAIAS CERCANAS

  • Coira en Portosín.
  • Queiruga en Porto do Son.
  • Aguieira en Porto do Son.
  • Castro de Baroña en Porto do Son.
  • Broña en Outes.



página de inicio de Hotel Noia

Rúa Curros Enriquez, Nº27 Noia. 15200. A Coruña. Galicia (España)
T. 981 822 552 - Fax: 981 823458 • email