página de inicio de Hotel Noia
Una pausa en el camino
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Entorno



El tiempo en Noia:



premio trivago
Los mejores (Hotel de diseño) A Coruña (Provincia)

Volver

Lugares de interese

CASA DA XOUBA, CASA DA ROSA, PAZO DO FORNO DO RATO

Casas góticas de inspiración francesa, do século XIV, unha arquitectura resultado de ser Noia sede do arcebispo Berenguel de Landoira ata que puido tomar posesión do seu cargo na Mitra deCompostela. Dando un paseo polo casco histórico de Noia pódense observar todas, xa que son doados de encontrar e distinguir.

PAZO DA PENA DE OURO

Na zona do Obre, é un edificio moderno de principias do século XX de estilo neobarroco compostelán. Destaca o feito de que na súa construción se utilizaron diversos elementos arqueolóxicos produto do espolio: o seu claustro románico foi trasladado en 1920 dende o mosteiro de Toxosoutos, en Lousame, e agora fai de patio central do pazo. Na fachada, dúas torres de planta cadrada, arcadas de medio punto sostidas por pares de columnas sobre pedestal cadrado, balcóns, balaustradas e remates en pináculos ou bólas. Hai tamén numerosos escudos procedentes de diversos lugares, tanto nas paredes, coma polo xardín.

HOSPITAL DE ADENTRO

Noia chegou a ter ata tres hospitais na Idade Media, dous deles de peregrinos. O único edificio que se conserva é o do Hospital deAdentro, tamén chamado Casa dá Gramática. Agora aloxa a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico. Destaca a porta da fachada na que sobresae un arco apuntado e o escudo do arcebispo deCompostela Rodrigo de Luna.



página de inicio de Hotel Noia

Rúa Curros Enriquez, Nº27 Noia. 15200. A Coruña. Galicia (España)
T. 981 822 552 - Fax: 981 823458 • email