página de inicio de Hotel Noia
Una pausa en el camino
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Entorno



El tiempo en Noia:



premio trivago
Los mejores (Hotel de diseño) A Coruña (Provincia)

Volver

Guía monumental

IGREXA DE SAN MARTIÑO

Igrexa de San Martiño

Construída en 1434 polo Bispo Lope de Mendoza.

A fachada está dividada en tres corpos verticais. Nos extremos pode verse torres sen rematar e no centro un magnífico rosetón. A porta conta cos escudos de Castela e León e as armas do citado bispo. Nas tres arquivoltas destaca a interior, con Cristo cercado por doce músicos. Nos laterais, en dous corpos diferenciados, as figuras dos doce apóstolos. No interior, hai unha nave con cinco tramos separados por arcos apuntados. A bóveda de crucería da capela maior e o altar destaca, iluminada por un rosetón menor que o que preside a fachada.

IGREXA DE SANTA MARÍA A NOVA

Igrexa de Santa María a Nova

Declarada Monumento Histórico-Artístico Nacional dende 1973. Está situada nun cemiterio que, segundo conta unha das numerosaslenyendas noiesas, foi construído con terra traída dende Terra Santa -Palestina- en galeóns noyeses. Ergueuse sobre unha anterior edificación do século XII e foi consagrada en 1.327 polo arcebispoBerenguel de Landoira.

A súa fachada loce un espectacular rosetón, que é recomendable observar dende o interior en diversas horas do día, polo xogo de luces. A capela é plateresca e o altar, de estilo barroco. No seu exterior destaca o tímpano policromado da porta principal, coa Adoración dous Magos, así como a figura do citado arcebispoBerenguel de Landoira axeonllado, á esquerda da Virxe. O que máis chama a atención é o enorme depósito de lápidas gremiais. Polo menos 200 destas lápidas sepulcrais flanquean os muros da igrexa, das que as máis antigas son as que representan oficios dos gremios medievais. As lápidas distinguen a estes polos obxectos gravados nelas (dende canteiros a ferreiros, pasando por mariñeiros cunha áncora característica ou fidalgos, representados por figuras antropoides). Ademais das numerosas lápidas, no cemiterio tamén destacan elementos como o baldaquino chamado Cristo doHumilladoiro, composto por catro columnas co un teito pétreo con forma de pirámide que cobre un cruceiro do século XVI. Convén observar os frisos deste curioso baldaquino, no que hai gravadas as fases da lúa e un animal ferido fuxindo dun cazador e cans.



página de inicio de Hotel Noia

Rúa Curros Enriquez, Nº27 Noia. 15200. A Coruña. Galicia (España)
T. 981 822 552 - Fax: 981 823458 • email