página de inicio de Hotel Noia
Una pausa en el camino
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Entorno



El tiempo en Noia:



premio trivago
Los mejores (Hotel de diseño) A Coruña (Provincia)

Volver

Festas

FEIRA DE SAN MARCOS

O 25 de Abril pero celébranse varios días de festa.

Programa: o día grande desenvólvese en San Lázaro, durante o día hai venda de gando, con competicións de salto, doma, espectáculo cabalar e postos de venda de complementos e accesorios para o gando. É tamén tradicional o mercado, con venda de produtos do campo. Unida a este atractivo da feira ten cabida a feira de exposición de maquinaria agrícola que convoca cada ano a un maior número de persoas. Pola tarde hai carreiras de cabalos en Testal. E para completar o día de festa organízanse pasacalles, concertos de bandas de música, danza e música galega, bombas de palenque, atraccións infantís e de adultos, rematando o día coa verbena de varias orquestras na Alameda.

SAN BARTOLOMÉ

Datas: do 20 ao 26 de Agosto.

Dentro das festas patronais destacamos a tradición da procesión do día de San Roque que se celebra o día 26. Recae a organización no Concello, dende antigo a raíz dunha promesa realizábase a celebración por salvar á Vila da enfermidad da peste na Idade Media e a principios do século XX, por librala da enfermidade da gripe. Pola noite celébranse os tradicionais lumes artificiais, e tampouco faltan as verbenas con música de orquestras.

ROMERÍA DE SAN LÁZARO

Ten lugar o domingo anterior á festividade da Virxe das Dores.

Se dessarrolla no lugar do mesmo nome, na zona sur de Noia ao que se chega por unha das pontes que atravesan o río Traba, pois, aí encontrábase un hospital dedicado ao santo e no que se lle daba auxilio aos leprosos. Actualmente consérvase unha capela, do ano 1768, que se abre o día da festa. Os fieis que acoden a venerar ao santo levan a estampa e unha rama de mirto para pasala pola imaxe do Santo. No ámbito máis próximo á capela, no parque, celébranse misas ao longo do día.

FEIRA MEDIEVAL

Segundo fin de semana de xullo.

Celébrase dende o ano 1998. Nace coa idea de potenciar o coñecemento da historia e patrimonio cultural, así como dar a coñecer a artesanía local e galega.

A feira consiste na organización dun mercado que recrea o ambiente medieval aproveitando as rúas, prazas e edificios do propio casco histórico. A feira permanece aberto todo o día de 11:00 a 12:00 horas da noite de venres a domingo e hai numerosos grupos de animación (saltimbanquis, malabaristas, teatro de rúa, bufóns, etcétera ) ao longo de todo o día.



página de inicio de Hotel Noia

Rúa Curros Enriquez, Nº27 Noia. 15200. A Coruña. Galicia (España)
T. 981 822 552 - Fax: 981 823458 • email